[Escaparate Gallego]
  
  [VOLVER
Javier Guerra considera un 'magnífico éxito' o Plan Re-Móvete   
O Conselleiro de Industria, Javier Guerra fixo un balance do funcionamento do plan re-Móvete e considerou esta iniciativa como un “magnífico éxito” do departamento que dirixe. Guerra compareceu ante os medios xunto co director do Igape, Joaquín Varela, o presidente da Federación Gallega de Talleres, Luis Abelleira, e o presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Galicia, Emilio López Nieto, que teñen considerado esta iniciativa como moi positiva para a dinamización das súas actividades económicas e comerciais.

Dado o éxito deste plan, consensuado con todo o sector, dende a Consellería de Economía e Industria acordouse ampliar a dotación do re-Móvete con 2 millóns de euros máis, un aumento que se fará efectivo de forma “inminente”. Cómpre recordar que o orzamento inicial do plan foi de 6 millóns de euros, unha cantidade que se ten incrementado en 3 ocasións, con 2 millóns de euros cada partida, o que supón que o compromiso económico adquirido por este departamento tense duplicado dende a entrada en vigor do plan, chegando aos 12 millóns de euros. O conselleiro de Economía e Industria valorou a eficacia na xestión do plan que ten demostrado o Igape, onde as solicitudes se están a tramitar cunha media de espera de tres días, sendo a porcentaxe de solicitudes autorizadas do 90%. O número solicitudes ascende a 12.708€, a axuda solicitada a 8.922.100 € e o prezo ventas xerado polo re-Móvete supón xa uns 209.028.873,48 €. Ademais, cómpre destacar que a axuda media concedida polo plan re-Móvete é de 702 €, por vehículo comprometido á venta, mentres que as achegadas do Plan E son de 500 €, por vehículo xa matriculado, o que significa que o apoio da Xunta supera nun 40% ao outorgado polo estado para a compra e substitución que vehículos. De feito, este plan tense traducido nun aumento considerable das matriculacións na nosa comunidade que nos 15 primeiros días de agosto de 2009 aumentaron nun 21,6%, con respecto ao mesmo período do ano anterior, e en concreto no caso das furgonetas incrementouse nun 18,75% a porcentaxe de matriculación neste mes, comparado con agosto de 2008. Para concluír Guerra recordou que o gran esforzo que se está a facer dende Consellería de Economía e Industria para apoiar ao sector do automóbil, considerado como estratéxico dentro da economía galega e asegurou que a constante da xestión da súa Consellería continuará a basearse no consenso con cada un dos sectores dos que se ocupa.

Consellería de Economía e Industria
2009-08-27

 
OTRAS NOTAS
La Asociación Gallega de Catadores da a conocer los "Excelencia Ribeira Sacra" 2010
5ª edición do PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS
283 comerciantes de 129 concellos obteñen axudas para modernizar o comercio rural
5 vinos gallegos de 2009, entre los mejores de España
Medio centenar de fabricantes, en el X aniversario de la Feria del Mueble
Máis de 1.000 persoas nas degustacións de productos galegos no Fórum
Ourense acolle o V Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde no Salón Xantar
Empanada, filloas y merluza, recetas finalistas del concurso de cocina familiar de Vigo
Ternera Gallega celebra o seu 20º aniversario como selo de calidade gastronómica
O Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, Cofrade de Honra do Capón vilalbés

 

   





Comercios

Pié de pagina