[Escaparate Gallego]
  
  [VOLVER
Ternera Gallega celebra o seu 20º aniversario como selo de calidade gastronómica  
O presidente da Xunta asistiu á conmemoración do 20º aniversario de Ternera Galega da que di é un selo identificado en todo o mundo coa calidade, “un espello onde querería mirarse boa parte do sector primario non só da nosa terra, senón de todo o continente”.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, felicitou a Ternera Gallega polo seu XX aniversario e apuntou á unidade de sociedade civil e política como unha das razóns do seu éxito. “Para chegar ao momento actual, -dixo- foi necesario un intenso traballo colectivo; celebro que tiveramos unha visión global para dar a Ternera Gallega todo o esplendor co que conta e agardo que ese espírito nos inspire no futuro xa que, sumando esforzos é como se sirve ao interese xeral”. Para Feijóo, a mesma celebración deste vinte aniversario dá fe da dobre insignia que acompaña, desde sempre, a Ternera Gallega: “a filosofía de renovación e mellora continua, amosada desde o primeiro día e, en segundo lugar, o compromiso coa terra”. Por estas e outras razóns, o mandatario galego asegurou que Ternera Gallega é arestora un selo identificado en todo o mundo coa calidade, “un espello onde querería mirarse boa parte do sector primario non só da nosa terra, senón de todo o continente; o privilexiado reflexo, o sinal identificador da capacidade da mellora que, con moito traballo e axeitadas directrices, poden servirnos a todos de modelo”. Neste camiño percorrido, Feijóo lembrou o momento no que a Unión Europea lle outorgou a Ternera Gallega o primeiro certificado de garantía de ámbito comunitario para a carne de vacún. “Todo un motivo de orgullo –afirmou- para cada un dos produtores amparados pola Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega; e un motivo de orgullo para toda Galicia”. Feijóo asegurou que neste momento de crise, a dura competencia e a multiplicidade da oferta, cada vez máis globalizada, deixará fóra da carreira a moitos produtores agrogandeiros, “pero as máis de seis mil explotacións, entre ganderías e cebadeiros, amparadas baixo a Indicación, sen dúbida poderán afrontar o reto do futuro e da internacionalización con mellores perspectivas cás doutros que non quixeron, non puideron, ou non souberon encetar o camiño da excelencia”. Por último, o xefe do executivo galego afirmou que estes vinte anos son tamén unha herdanza que deixar aos que veñan pulando detrás, “e un facho co que iluminar o camiño doutros que, no propio sector primario galego, loitan agora por demostrar a excelente calidade dos produtos da nosa terra”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia
2009-10-30

 
OTRAS NOTAS
La Asociación Gallega de Catadores da a conocer los "Excelencia Ribeira Sacra" 2010
5ª edición do PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS
283 comerciantes de 129 concellos obteñen axudas para modernizar o comercio rural
5 vinos gallegos de 2009, entre los mejores de España
Medio centenar de fabricantes, en el X aniversario de la Feria del Mueble
Máis de 1.000 persoas nas degustacións de productos galegos no Fórum
Ourense acolle o V Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde no Salón Xantar
Empanada, filloas y merluza, recetas finalistas del concurso de cocina familiar de Vigo
O Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, Cofrade de Honra do Capón vilalbés
El restaurante Paprica, ganador del 5º Concurso de Tapas de Lugo

 

   





Comercios

Pié de pagina