[Escaparate Gallego]
  
  [VOLVER
O Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, Cofrade de Honra do Capón vilalbés  
A Cofradía do Capón de Villalba organizou unha nova degustación do capón, esta vez no Restaurante España da capital lucense. O Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, foi nomeado Cofrade de Honra do Capón vilalbés.

A Cofradía do Capón de Villalba organizou unha nova degustación do capón, esta vez no Restaurante España da capital lucense. Entre a vintena de comensales, ademáis dos directivos da Cofradía (Julio Rico, Alberto Goás e Daniel Goás), presididos polo seu titular, o avogado vilalbés en Madrid, Domingo Goás Chao, asistiu o Subdelegado do Goberno en Lugo; os empresarios Alfonso Lamas, Wenceslao Lamas, José Prieto, Antonio Prieto e Eliseo López; os Alcaldes de Quiroga (Julio Álvarez) e Corgo(José Antonio González), o sacerdote Antonio Dominguez; os xornalistas Alfredo Sánchez Carro e Francisco Rivera Cela, e os membros do equipo de Galicia Digital, Carlos Rodríguez Arias, José Luis Lugilde, Antonio Giz Paz e Xulio Xiz. Recibiu os atributos de Cofrade de Honra do capón (diploma, banda e insignia) o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, así como os correspondentes diplomas os xornalistas Alfredo Sánchez Carro e Francisco Rivera Cela que, con anterioridade, xa recibirán a insignia e banda correspondentes. A Cofradía do Capón de Villalba ven organizando degustacións do capón, a cargo dos máis destacados cociñeiros, de toda Galicia e Madrid e outras cidades do Estado, e nomeando Cofrades de Honra a diversos persoeiros que participan nestas degustacións do capón vilalbés. Con este xantar, péchase na provincia de Lugo o calendario de degustacións do presente ano, que se reiniciarán a partir da Feira do Capón vilalbés, que tera lugar o próximo 21 de decembro. Nesa Feira, a Presidencia da Cofradía adquirirá varias ducias de pares de capóns que repartirá entre os principais restaurantes galegos e madrileños para, con posterioridade, organizar estas degustacións totalmente gratuítas nas que participan persoeiros do mundo da empresa, da sociedade e dos medios de comunicación, para contribuir á difusión deste singular elemento gastronómico, que identifica unha comarca e constitúe unha importante fonte de riqueza para o rural vilalbés. O Presidente da Cofradía, o avogado Domingo Goás Chao, impulsa estas actividades pola crenza nas excelencias gastronómicas do capón vilalbés, e o interese en potenciar o producto máis xenuino da artesanía vilalbesa.

Galiciadixital.com
2009-10-30

 
OTRAS NOTAS
La Asociación Gallega de Catadores da a conocer los "Excelencia Ribeira Sacra" 2010
5ª edición do PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS
283 comerciantes de 129 concellos obteñen axudas para modernizar o comercio rural
5 vinos gallegos de 2009, entre los mejores de España
Medio centenar de fabricantes, en el X aniversario de la Feria del Mueble
Máis de 1.000 persoas nas degustacións de productos galegos no Fórum
Ourense acolle o V Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde no Salón Xantar
Empanada, filloas y merluza, recetas finalistas del concurso de cocina familiar de Vigo
Ternera Gallega celebra o seu 20º aniversario como selo de calidade gastronómica
El restaurante Paprica, ganador del 5º Concurso de Tapas de Lugo

 

   





Comercios

Pié de pagina