[Escaparate Gallego]
  
  [VOLVER
Ourense acolle o V Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde no Salón Xantar  
A promoción da Dieta Atlántica e da Gastronomía dos Camiños centran esta edición do Salón Xantar que ten concedida a homologación de formación para docentes e solicitáronse créditos de libre configuración na Universidade de Vigo.

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que terá lugar en Expourense entre o 3 e o 7 de marzo, acolle a quinta edición do Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde, que está centrado nas propiedades saudables da Dieta Atlántica e, nesta 11ª edición do salón adicada ó Ano Santo XACOBEO 2010, tamén á promoción da Gastronomía dos distintos Camiños a Santiago. O programa científico deste encontro abordará temas como a conservación dos alimentos, sobre a que falará, a doutora do Consello Superior de Investigacións Científicas, Laura Pastoriza, ou as propiedades nutricionais das conservas de peixe e marisco na alimentación dos peregrinos que serán analizadas pola responsable de calidade e seguirdade alimentaria da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), Corina Porro. Vencellado coa saúde e a alimentación, este encontro inclúe a presentación por parte da Consellería de Sanidade dos resultados da última enquisa sobre os hábitos alimentarios dos galegos. A análise da gastronomía como motivación turística e, dun xeito especial neste Ano Santo, é outro dos temas a tratar por distintas entidades entre a que destaca a Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, quen, na conferencia inaugural deste encontro, falará sobre cómo degustar Galicia durante o XACOBEO 2010. A cociña nos Paradores do Camiño, a análise do papel que xogan os produtos de Galicia Calidade ou as confrarías gastronómicas e enófilas como embaixadores da Dieta Atlántica ou as claves para a promoción da gastronomía saudable dende os medios de Comunicación pecharan o ciclo de conferencias deste encontro. Ademais de Galicia, este encontro tamén contará coa participación activa das comunidades convidadas a Xantar 2010: Asturias, Estremadura, Andalucía, Canarias e as rexións turísticas portuguesas: Porto Norte, Centro e Turismo do Douro. Así, relatores destas comunidades como os críticos gastronómico asturianos Pepe Iglesias e José Antonio Fidalgo falarán, respectivamente, sobre a gastronomía no Camiño do Norte e sobre a cociña como motivación turística. Outro dos participantes será o Dr. Nicolás Boada, da Confraría de Viños de Tenerife e Canarias, que falará sobre a relación entre o viño e a música. Actividades complementarias O V Encontro Ibérico ofrece un amplo programa complementario de carácter práctico que inclúe catas de viños, queixos e meles e degustacións de distintos produtos procedentes das rexións participantes en Xantar como, por exemplo, a Torta de Queixo de La Serena, o xamón da Dehesa de Estremadura, a repostería de Avilés, a pataca de Galicia, o mexillón de Vilagarcía, a Ameixa de Carril, etc. Ademais, este programa de obradoiros de cociña que, coordinados polo Centro de Formación de Hostalería de Ourense, serán impartidos por cociñeiros de recoñecido prestixio tanto galegos como das comunidades autónomas e rexións portuguesas convidadas. Cada un deles elaborará en directo un prato representativo dalgúns dos camiños que levan a Compostela. Estas xornadas, aínda que están orientadas ós profesionais do sector da gastronomía, hostalería e turismo, tamén contén atractivos para o público xeral e futuros profesionais. Por este motivo, solicitáronse créditos de libre elección para os alumnos da Universidade de Vigo e ten concedida a homologación como actividade de formación para docentes en activo da Xunta de Galicia. A asistencia a estas xornadas ten un custo de 30 euros e precisa de inscrición previa a través da web www.xantar.org ou a través do teléfono 988 36 60 30. Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo.

Gabinete de Comunicación de Expourense
2010-02-19

 
OTRAS NOTAS
La Asociación Gallega de Catadores da a conocer los "Excelencia Ribeira Sacra" 2010
5ª edición do PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS
283 comerciantes de 129 concellos obteñen axudas para modernizar o comercio rural
5 vinos gallegos de 2009, entre los mejores de España
Medio centenar de fabricantes, en el X aniversario de la Feria del Mueble
Máis de 1.000 persoas nas degustacións de productos galegos no Fórum
Empanada, filloas y merluza, recetas finalistas del concurso de cocina familiar de Vigo
Ternera Gallega celebra o seu 20º aniversario como selo de calidade gastronómica
O Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, Cofrade de Honra do Capón vilalbés
El restaurante Paprica, ganador del 5º Concurso de Tapas de Lugo

 

   





Comercios

Pié de pagina