[Escaparate Gallego]
  
  [VOLVER
Máis de 1.000 persoas nas degustacións de productos galegos no Fórum  
Seis degustacións pechan o programa de promoción dos produtos galegos de calidade desenvolvido no Fórum polas Consellerías de Mar e Medio Rural. O público encheu as 25 catas que se ofreceron no stand da Xunta a base de delicatessen.

Máis de 1.000 persoas desfrutaron das degustacións de produtos galegos que ofreceu o stand da Xunta de Galicia no Fórum Gastronómico de Santiago 2010, que pecha as súas portas. As 25 catas organizadas polas Consellerías do Mar e Medio Rural ao longo destes catro días foron un éxito e encheron a aula, con capacidade para 40 persoas. Ambas Consellerías ofreceron un completo abano de posibilidades e combinacións de produtos do mar, da acuicultura e da agricultura de Galicia, co obxectivo de impulsar e promocionar o seu consumo. Seis diferentes catas e degustacións pechan hoxe o programa de promoción dos produtos galegos de calidade desenvolvido pola Xunta (a través das consellerías do Mar e do Medio Rural) no marco do Forum Gastronómico de Santiago. Así, os queixos, os froitos do mar de Pescaldía e Lonxanet, os cogomelos de “Setas Silvestris”, carnes como a tenreira e o lacón, as novas presentacións dos produtos do mar e a terra, os viños da Terra e das denominacións de orixe Valdeorras e Monterrei, xunto cos caldos premiados na XXI Cata dos viños de Galicia conforman a oferta culinaria desta última xornada do congreso enogastrónomico no stand institucional da nosa Comunidade. Con estas son 25 as diferentes combinacións ofrecidas dende o pasado domingo a base de produtos da pesca, da acuicultura e do agro galego. Ademais, no stand da Xunta houbo conferencias, sesións de cociña en directo e presentacións, entre as que salientou a da nova Indicación Xeográfica Protexida “Tarta de Santiago”, presidida polo conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e que contou co apoio de destacados cociñeiros galegos e doutros lugares, entre eles o propio Ferrán Adriá, considerado o chef número un do mundo. Consumo de peixe A Consellería do Mar aproveitou a celebración do Forum para promover o consumo de peixe e marisco de Galicia. A propia titular do Departamento, Rosa Quintana, estivo presente no acto inaugural do congreso e definiu este evento coma “unha achega de valor engadido e de recoñecemento aos nosos produtos do mar”. Ademais, recalcou que o Forum contribúe a estimular a comercialización e a transformación, favorecendo o aproveitamento alimentario do mundo do mar. Visita dos GACs Por outra banda, os xerentes dos sete Grupos de Acción Costeira (GAC) visitaron hoxe o Fórum Gastronomico, invitados pola Consellería do Mar, que considera a Feira un exemplo de cómo a pesca artesanal é capaz de chagar aos chefs máis refutados do mundo. Neste sentido, unha das liñas de traballo dos GACs é por en valor os produtos da pesca artesanal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia
2010-02-24

 
OTRAS NOTAS
La Asociación Gallega de Catadores da a conocer los "Excelencia Ribeira Sacra" 2010
5ª edición do PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS
283 comerciantes de 129 concellos obteñen axudas para modernizar o comercio rural
5 vinos gallegos de 2009, entre los mejores de España
Medio centenar de fabricantes, en el X aniversario de la Feria del Mueble
Ourense acolle o V Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde no Salón Xantar
Empanada, filloas y merluza, recetas finalistas del concurso de cocina familiar de Vigo
Ternera Gallega celebra o seu 20º aniversario como selo de calidade gastronómica
O Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, Cofrade de Honra do Capón vilalbés
El restaurante Paprica, ganador del 5º Concurso de Tapas de Lugo

 

   





Comercios

Pié de pagina